Carmina in
minima re
Proxecto de resistencia cultural
a través da poesía
Proxecto de resistencia cultural
a través da poesía
O proceso de paralización ao que está sometida a cultura en numerosos
países como consecuencia dos recortes presupuestarios decididos polos gobernos
produce muitas vítimas: hai cada vez máis librerías que deben pechar; muitos
editores teñen dificultades pra publicar novidades e só poden editar autores
clásicos ou libros que se solen recomendar nas escolas (o cual reduce as posibilidades
de publicación dos autores e repercute negativamente no traballo de tradutores
e correctores); aumenta o número de salas teatrales e cinematográficas que votan
o cerrollo, e téñeno difícil as compañías de teatro e de danza, que quédanse sen
medios pra novas montaxes; ¿cántos músicos non consiguen xa lugares pra ensaiar
e actuar, por non falar de contratos? Tamén as artes plásticas e visuales
sufren as consecuencias dos recortes. A cultura estáse vindo abocada a unha morte lenta por inanición, á
que contribuie o cada vez máis baixo poder adquisitivo dos cidadáns.
Ante esta grave situación, quens amamos a cultura e traballamos
durante anos na súa divulgación non podemos quedar cos brazos cruzados. De pouco sirven as queixas e as manifestacións
pra denunciar esta realidade, porque o poder político e económico acostumbrouse
a facer oídos sordos a todo o que non sexa rentable ou non conveña a intereses
ideolóxicos ou de amiguismo.
Consciente delo, e incapaz
de manterme alleo a esa situación, decidín emprender un proxecto de
resistencia cultural realista ao que puidera facer frente cos meus
recursos e aunando vontades: o lanzamento dunha colección de
plaquettes de poesía bilingües que contribuíran á circulación da
poesía e, ao mesmo tiempo, á creación dunha pequena Babel positiva mediante o
intercambio lingüístico a través de traduccións a e desde outras linguas, sempre
coa presencia de polo menos unha das de uso no Estado español: a poesía non
debe ter fronteiras, nin políticas nin lingüísticas.
Características do proxecto
O formato das plaquettes é o
DinA5 vertical (14,8
x 21 centímetros) e, polo momento, cada plaquette consta de 16 páxinas: 14 delas
son útiles e as outras dúas forman a cuberta ou portada e a contraportada. Isto permite a inclusión de sete poemas coas súas correspondentes
traducións, encaradas, á outra lingua.
Os poemas, por razóns obvias, deben ter unhas medidas adecuadas ao
formato: un máximo de 30 versos e versos que non superen as 60 pulsacións (ou
letras, espazos brancos entre verbas incluidos). Procuraráse, ademáis, evitar no
posible os poemas excesivamente breves (de menos de 8 versos). Cando se trate de composicións características,
como os haikus, por exemplo, chegaráse a un acordo en canto ao seu número. Ningún poema, sen embargo, poderá ocupar máis dunha páxina.
Das plaquettes publicanse mui
poucos exemplares: o proxecto
pretende que non se impriman máis de 60, pra que estes cuadernillos manteñan a
súa rareza e o seu valor sentimental. O autor recibe unha pequena parte destos
(oito), e o resto distribúiense entre os suscriptores. Eventualmente, e a
petición da persoa interesada, podránse facer reimpresións nas que imprimiráse
que o son e de cantos exemplares constan, pero o coste íntegro destas e os
gastos que ocasionen irán a cargo de quen as solicite.
Neste blog reproduciránse íntegramente
toda-las plaquettes publicadas
e iránse añadindo as novas, pra súa difusión universal a través da rede.
O coordinador do proxecto resérvase
a prerrogativa de seleccionar os poemas das plaquettes, polo que
cada poeta deberá presentar un certo número de composicións (quince, polo
menos) e aceptar a selección que se faga delas e o orden en que se dispoñan
(toda excepción poderá ser considerada).
O poeta pode propoñer a
unha persoa da súa confianza a tradución dos seus poemas á lingua que desexe, sempre que ésta
garantice a calidade das súas versións. O coordinador non se responsabiliza dos
erros que poida haber nas traduccións, pero se os detecta advertirá do
problema ao autor dos poemas e poderá rexeitalas. Aceptaráse a tradución a calquera lingua, incluindo, por suposto,
toda-las do ámbito do Estado español.
Os tradutores de poesía poden propoñer as súas versións de poetas en outras linguas ou ofrecerse a traducir outros poetas, priorizando aos contemporáneos. Deberán proporcionar dixitalmente as versións orixinais completas e correctas dos poemas e obter, se é preciso, o permiso de publicación do poeta traducido.
Prevíuse una suscrición
simbólica obrigatoria que da dereito á publicación dunha plaquette, a recepción de 8 exemplares desta e tamén de toda-las plaquettes que se publiquen
durante un ano. Dita suscrición é de 15 euros anuais no
territorio español, 18 euros no resto de Europa e 20 euros nos países
extraeuropeos. A cuota da suscrición, máis que unha contribución (mínima) aos
costes de impresión e envío das plaquettes (costes que asume personalmente o
creador e coordinador do proxecto), supón unha implicación efectiva no
proxecto de resistencia cultural. Nin que decir tén que aceptaránse y
agradeceránse contribucións económicas maiores, que han de ser totalmente
voluntarias.
Por outra parte, propóñense suscricións á versión virtual das
plaquettes (en formato PDF) mediante unha aportación anual simbólica non inferior
a 6 euros, sempre como implicación ao proxecto de resistencia cultural. Estas
suscricións, pensadas pra lectores de poesía comprometidos, non dan dereito á publicación
de ningunha plaquette.
Á participación activa no proxecto están invitados todos os poetas e traductores de poesía que se sintan interesados e acepten as condicións
expostas. As plaquettes publicaránse, salvo excepcións xustificadas, por orden
de recepción das solicitudes. Previamente, sen embargo, tendráse que haber feito
efectiva a suscripción ao proxecto.
A participación no proxecto ha de basarse na
solidariedade e na implicación nos principios que o inspiran, e estará sempre sometida a un acordo co
coordinador, quen valorará as propostas e tendrá a facultade de rexeitar
aquelas que considere inadecuadas.
Enderezo electrónico de contacto: carminaplaquettes@gmail.com.
Albert Lázaro-Tinaut
Coordinador